Se non podes visualizar ben esta newsletter fai click aquí

 
 
pexels-photo-255514

Galicia acolle a primeira edición do Programa
#OlympeEmprende

 

O programa #OlympeEmprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo das mulleres emprendedoras que queiran iniciar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que teñan creado unha cooperativa durante o 2021 en Galicia para reforzar o liderado feminino.

Con este fin, ofrece a 12 mulleres, de xeito gratuíto, un itinerario formativo, sesións de intercooperación, xiras de emprendemento, seminarios web e apoio estratéxico, territorial e competencial durante o ano 2021 para promover ideas de negocio con impacto na comunidade.

O programa conta cun premio económico de ata 3.000 € para o establecemento de cooperativas.

#OlympeEmprende forma parte da convocatoria CEPES POISES, cofinanciada polo Fondo Fondo Social Europeo

 

 

Programa

 
 

O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través de formación con perspectiva de xénero, apoio individual e colectivo e conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con gran potencial na economía social e no emprendemento feminino. #OlympeEmprende está dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras en Galicia lideradas por mulleres asentadas no territorio, que practican a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promoven a diversidade na composición e participación e teñen en conta impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñan ás persoas no centro da súa actividade.

#OlympeEmprende, que ofrecerá formación, apoio individual e colectivo, seminarios web, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita o apoio á constitución de cooperativas no territorio dirixidas por mulleres. O programa desenvolverase desde xuño ata principios de decembro e valorará que as iniciativas teñan entre os seus obxectivos a consecución dun impacto social (como mellorar o benestar humano e a equidade social).

Pódense presentar iniciativas  que se atopan nunha fase inicial (ideas de negocio que non se iniciaron e que se atopan nunha fase de desenvolvemento mínimo, sen necesidade de definir un modelo de negocio).

 

 

Formación e acompañamento individual e colectivo

 
pexels-photo-12211

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop levarán a cabo o programa e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados, explicando o concepto de empresa de economía social e solidaria, modelos de negocio, mercadotecnia e comercialización ou fontes alternativas de financiamento. E á súa vez, realizarán acompañamento virtual individual e colectivo dos proxectos para axudar ás necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, unha revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 escribiu a Declaración dos dereitos das mulleres e das cidadás. #OlympeEmprende quere ser un compromiso coaigualdade promovendo a creación dun programa que apoie a creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que promovan a transformación.

Vías de contacto olympeemprende@tandemsocial.coop e por teléfono 661 54 90 06 / 636 79 20 73



 

#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida polo CEPES como órgano intermedio do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para acadar unha formación e emprego de calidade.


 

Se desexas darte de baixa deste boletín fai click na seguinte ligazón: Baixa

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -